Trabaja con Nosotros

OFERTAS DE EMPREGO FUNDACIÓN VIGO CONVENTION BUREAU:
 

POSTO: XERENTE DA FUNDACIÓN VIGO CONVENTION BUREAU

REQUISITOS:

    1. A.- Posuír a nacionalidade española. Tamén poderán participar, en igualdade de condicións que os españois:
      • Os nacionais dos Estados Membros da Unión Europea.
      • O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores da devandita idade dependentes.
      • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
      • Os estranxeiros con residencia legal en España.
  1. B.- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.
  2. C.- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  3. D.- Non ter sido ser separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo, de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñan no caso do persoal laboral, no que fose separada ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitada ou en situación equivalente nin ser sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  4. E.- Ostentar titulación universitaria de grao superior ou título equivalente. ou os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da credencial que acredite, no seu caso, a homologación ou este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das Disposicións de Dereito Comunitario.
  5. F.- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións.
  6. G.- Acreditar unha experiencia mínima de cinco anos en postos con funcións de dirección ou xestión en entidades que conforman o sector público.
  7.  

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN
 
O escrito de solicitude de participación na selección presentaranse de forma presencial no rexistro na sede da Fundación sita na rúa Canóvas del castillo nº3. Estación Marítima de Ría Local 2, 36202 Vigo ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación de anuncio co extracto destas Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. No escrito de solicitude indicarase: nome, apelidos, nº de D.N.I., domicilio, teléfono de contacto, e enderezo de correo electrónico a efectos de notificacións; dirixirase á Presidencia da Fundación e acompañarase da seguinte documentación:

      1. 1.- Fotocopia do D.N.I.
      2. 2.- Declaración responsable de cumprir os requisitos da convocatoria.
      3. 3.- Curriculum vitae do solicitante no qie se farán constar os títulos académicos que posean, postos de traballo desempeñados tanto na Administración Pública ou entidades do Sector Público como na empresa privada, estudos e cursos realizados, coñecementos de idiomas e cantos outros méritos estimen oportuno poner de manifiesto.
      4. 4.- Documentación acreditativa da experiencia e dos méritos que alegue.

En caso de que a solicitude non se presente de forma presencial deberá remitirse copia da solicitude debidamente datada e selada polo órgano correspondente (Oficina de correos, Administración Pública).


DESCARGAS:

-BASES COMPLETAS E ANEXO